Proxecto final TICS 1 Parte 4: Entrega Final

Hola Blogueirossss!!!!!
Esta será a miña ultima entrada de blog, asi que rematarei presentando as últimas novidades que realicei coa Raspberry Pi e as miñas opinions finais sobre o proxecto.
Estes ultimos dias atopei a solución a un problema que xa viña de atrás, e era que a Raspberry Pi era moi lenta. Documenteime a través dunha páxina Web que vos deixo aquí, e descubrin o motivo, e é que o cable de internet (ethernet) Ten o mesmo chip de conexión a Raspberry xunto co cable do ratón o cable do teclado, da pantalla, e outros mais.
Para acabar algo "ben" este proxecto coa Raspbery, inicie un mini diseño dun circuito en breadboad, un exercicio o cal me fixo completar o proxeto final de TICS. Este realizouse nun prazo de 3 sesións as cales consistiron en facer, coa axuda duns tutoriais, un semáforo caseiro. Para facer este sinxelo semáforo  necesitei de:
- 3 LED (Preferiblemente Vermello, Amarelo e Verde)
- 3 Resistencias de 330 Omnios
- Uns 10 cables de corriente de 5 cm de largo
- 1 breadboard, como a da imaxe-------------------------------------->
- 1 Raspberry Pi
- Necesito ter instalado Phyton na Raspberry Pi (Preferiblemente usei o programa 3)
Para todos aqueles que non sabedes que é Phyton, deixovos aquí
información de como se utiliza e para que serve.
Para facer o semáforo artesanal e barato o primeiro que fixen foi facer unha proba sinxela para encender un LED e dinlle unha función do que queria obter. O que fixen eu para realizalo foi:
-Colocar o LED en orde, coa súa resistencia e os seús cables, logo cos pins da Raspberry Pi que aparecen na imaxe,
conecteino correctamente para que poidese funcionar o LED para que dende o Phyton 3 executara unha orde:                                                                            Pins na Raspberry e funcions de cada un
 (Exemplo:encende a LED amarella e espera 2 segundos encendida, logo apaga)                                      

Na imaxe anterior podemos observar a orde antes mencionada para programar o LED para que encenda e apague. Con esta primeira orde foi coa cal comecei con Phyton.

-Mais tarde, realicei o semáforo colocando o circuito segundo aparece na seguinte foto.
-Copiei o código que aparece debaixo da foto co circuito e modifiqueina
para que tivese algunha modificación e non tivese co efecto predeterminado xa realializado.
                                                                           
Debido a problemas coa Raspberry (outro mais...) non puiden subir fotos de como quedou a secuencia realizada do semáforo, por culpa dun fallo que tuben na conexión Ethernet.
-Deixobos aquí un tutorial nesta foto de como realicei as capturas de pantalla e como podedes facelas dende o ordenador da vosa casa.














--Pola miña parte nada máis. Espero que vos gustase este proxecto final que realicei, intenteivos explicar un pouco cada detalle que atopei ao del.
As miñas conclusións son positivas, porque aprendín unha nova maneira de programar e realizar proxectos informáticos sen necesidade de ter un ordenador caro, só coa Raspberry case podes cumplir todas as funcións, aínda que non sexa moi doado.

Sen máis despidome de todos vos ata a próxima ocasión.
Un saúdo a tod@s!!!!!!!

Comentarios

  1. Bueno, David, chegaches ao final!
    O proxecto é aceptable, aínda que o que entregas como tal, é algo que fixeches practicamente en dous días. Xa sei que a raspberry non era o que pensabas e que tiveches problemas, pero tamén sei que te estancaches con eses problemas usándoos como excusas, no canto de tentar reaccionar e saír do atasco aprendendo.
    Tes que tentar, en todo, calibrar mellor as túas capacidades e debilidades. Non pasa nada por non saber cousas, nin por non entendelas. Pasa moito cando, cando metemos a pata ou nos atopamos con algo que non sabemos resolver e tiramos para adiante sen solucionalo e só para disimular. Perdemos unha oportunidade de aprender e crecer, e a próxima vez nos imos atopar na mesma situación.
    Espero que, no que fagas, te esforces, non só en estudar, senón tamén en saber recoñecer cando te equivocas para corrixilo da mellor maneira. É algo moi difícil de facer pero moi importante.
    O blog está regular, non te matas para deixalo bonito, para coidar o aspecto e a forma e aínda tes faltas.
    Ala, moita sorte e traballa moito! :D

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Portada GIMP

Proxecto final TICS1 Parte 2